Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/178-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cubelo e Vilar.

Situación: municipio de Frades.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor L.A.-56, de 75 m, con orixe na liña que alimenta o C.T. cooperativa Pontecarreira e final no C.T. que se vai instalar en Cubelo. De 15 m orixe na liña Portodemouros-Pontecarreira e final no C.T. que se vai instalar en Vilar. Dous centros de transformación aéreos de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en Cubelo e Vilar respectivamente. Frades.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña