Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.890

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación, a Antonia Blanco Pesqueira (praza 49/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de abril 1997 (BOE do 22 de maio) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación, a prol de Antonia Blanco Pesqueira, con documento nacional de identidade número 76.805.852, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonia Blanco Pesqueira profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 5 de maio de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

4460