Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.863

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública da propiedade do Estado, ramo de Defensa, denominada Cuartel do grupo táctico de Prior.

Situado no lugar denominado Prior, termo municipal de Serantes, parroquia de Covas.

Inscrito como predio rexistral único no Rexistro da Propiedade de Ferrol, tomo 766, libro 154, folio 212, predio núm. 15.748.

Superficie total: 12.388 metros cadrados, solo non urbanizable.

Cantidade tipo mínima para a poxa: 14.970.850 ptas.

Características físicas, urbanísticas e descrición da propiedade: son as reflectidas no prego de condicións técnicas e legais que rexen a poxa.

Foi declarada a súa desafectación, alleabilidade e posta á disposición da Xerencia de Infraestructura da Defensa con data do 11 de xuño de 1991.

O acto de poxa celebrarase perante a mesa constituída para o efecto na sede da Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa, Madrid, o día 18 de xuño de 1998, a partir das 10.45 horas.

Información e pregos de condicións: na Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa, 32, Madrid, teléfono (91) 542 08 09, e nas oficinas da delegación GINDEF de Galicia e Asturias na Coruña, r/ Costa da Palloza, 1, 2º, departamento 7, teléfono (981) 13 23 18, en horario de oficina.

Madrid, 18 de maio de 1998.

Juan Antonio Miguélez Paz

Director xerente de Infraestructura da Defensa

4873