Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión do 13 de maio do presente ano, acordou aprobar inicialmente o modificado do plan especial da reforma interior para a unidade de execución nº 25-Sigrás, das normas subsidiarias municipais, presentado por Casas 33, S.L., e redactado polos arquitectos Antonio González Gil e Marcial Mosquera Lorenzo.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia e artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se estimen pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo e Réxime Interior deste concello.

Cambre, 19 de maio de 1998.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

4189