Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998 pola que se fai pública a adxudicación do concurso, por procedemento aberto, para a subministración de equipos informáticos para os deputados membros da Mesa e mais para a xefatura dos servicios administrativos do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das admi

nistracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 3/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: concurso, por procedemento aberto, para a subministración de equipos informáticos para os deputados membros da mesa e mais para a xefatura dos servicios administrativos do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 62, do 1 de abril de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.654.000 pesetas, incluído o IVE.

5. Adxudicación.

a) Data: 5 de maio de 1998.

b) Contratista: Archy & Siga Informática, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 3.248.000 de pesetas, incluído o IVE.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1998.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia

4882