Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.847

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de maio de 1998 pola que se fai pública a modificación das bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por orde desta consellería, do 28 de febreiro de 1998, publicada no DOG nº 61, do 31 de marzo, deuse publicidade ás bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Aprobada con posterioridade polo Concello de Narón a modificación da convocatoria referida ó posto de secretaría do dito concello, fanse públicas as bases e méritos específicos para a provisión do mencionado posto, na súa nova redacción:

Corporación: Concello de Narón.

Entidade: Narón.

Posto: secretaría.

Clase: 1ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 1.872.312.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

Por estar en posesión de diploma por estudios de galego expedido por entidade oficial:

Iniciación: 0,25 puntos.

Perfeccionamento: 0,25 puntos.

Curso medio: 0,50 puntos

Traductor especializado en linguaxe administrativa galega: 0,50 puntos.

Tódolos cursos serán acumulables.

Polo desempeño de funcións, como titular do posto de secretaría xeral en municipios galegos de máis

de 20 mil habitantes: 0,5 puntos por ano, ata un máximo de 2 puntos.

Por realización de cursos sobre urbanística, cun mínimo de 300 horas lectivas, expedido ou certificado por organismo oficial: 1 punto por curso ata un máximo de 2 puntos.

Por realización doutros cursos, cun mínimo de 40 horas sobre Administración pública, expedido ou certificado por organismo oficial:

Cursos desde 40 horas: 0,1 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.

Cursos de máis de 150 horas: 0,25 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.

Entrevista. Realizarase unha entrevista cos solicitantes.

Foron aprobadas as bases deste concurso polo Pleno do Concello na súa sesión do 27 de marzo de 1998.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4826