Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.824

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DA CORUÑA

POXA de armas.

Ás 9 horas do día 20 de xuño de 1998 terá lugar nas dependencias da garda civil da Coruña, sito no lugar de Lonzas-San Critovo, a poxa de armas composta de 420 lotes de armas, entre escopetas, carabinas, rifles pistolas e revólveres, que serán expostas ó público os días 15, 16, 17, 18 e 19 de xuño, no dito acuartelamento, de 9 a 14 horas, momento no que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega deles coas ofertas concluirá ás 14 horas do día 19 de xuño.

Ás mesmas poden concorre-las persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirilas.

A Coruña, 27 de abril de 1998.

José Furelos Mogo

Tenente Coronel Primeiro Xefe