Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Con data do 30 de abril de 1998 foi aprobado polo Pleno da Corporación o prego de cláusulas técnicas e económico-administrativas que rexerá o concurso tramitado para adxudicar mediante procedemento aberto e por concurso a prestación do servicio de mantemento, conservación e reparación da iluminación pública municipal, o que se expón ó público na secretaría do concello, polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións contados desde o día seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

Simultaneamente anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o devandito prego.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: prestación do servicio de mantemento, conservación e reparación da iluminación pública muncipal.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: termo muncipal de San Cibrao das Viñas.

d) Prazo de execución: 2 anos prorrogables ata un máximo de 6 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

200.000 ptas. mensuais con IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 2.400.000 ptas anuais con IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 48.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario de 9 a 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución 1. San Cibrao das Viñas. Teléfono: (988) 38 10 34; Fax: (988) 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe, esíxese estar en posesión do título de instalador eléctrico.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 11 do prego de cláusulas técnicas e económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Casa do Concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o cuarto día hábil seguinte (excepto sábados) e aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 7 de maio de 1998.

A alcaldesa.

Rubricado

4872