Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1998, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, pola que se anuncia concurso público aberto, por tramitación ordinaria, para a subministración sucesiva de apósitos hidrocoloides e outros. (C.P. 2/1998).

O director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da A Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración sucesiva de apósitos hidrocoloides e outros.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 11.300.000 ptas., (IVE incluído).

Garantía provisional: 226.000 ptas.

-Lote 1: apósitos hidrocoloides 10x10. Apósitos hidrocoloides 20x20.

Orzamento: 4.200.000 ptas.

Garantía provisional: 84.000 ptas.

-Lote 2: caixas de 50 tiras reactivas de glicosa en sangue.

Orzamento: 4.500.000 ptas.

Garantía provisional: 90.000 ptas.

-Lote 3: caixas de 100 tiras reactivas para análise de ouriños.

Orzamento: 2.600.000 ptas.

Garantía provisional: 52.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de entrega: a primeira entrega ós quince días desde a notificación da adxudicación ó contratista; o resto, ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: admítense, debéndose especificar brevemente e de maneira clara, cales son, a xuízo da empresa licitadora, as súas vantaxes. En ningún caso se admitirán variantes por debaixo das condicións mínimas que se esixen no prego das prescricións técnicas.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1º Prezo: 6.

2º Calidade: 3.

3º Servicio: 1.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser soliciatada no departamento de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, r/ Pasteur, nº 22 (Polígono da Grela), 15008 A Coruña. Tfno: (981) 25 14 50, fax: 25 16 66 en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, ambulatorio de San Xosé, r/ Comandante Fontanes nº 8, planta quinta, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia; ou por correo, na forma indicada no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña na rúa Pasteur, nº 22, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

Documentación que terán que presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 11 de febreiro de 1998.

Luís Verde Remeseiro

Director-xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol

4531