Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de abril de 1998, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, por ocupación sen título legal, a resolución de sobresemento do expediente de desafiuzamento 50/1997.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artículo 142 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968 do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado cos datos, último enderezo coñecido e nº de expediente sinalado no anexo, a resolución do delegado do IGVS de sobresemento de desafiuzamento por ocupación sen título e ó non se-lo imputado o suxeito da dita ocupación.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, pode interpoñerse recurso ordinario conforme os artigos 107.1º e 114 a 117 de LRXAP e PAC, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da súa recepción.

Para que conste e lles sirva de notificación os interesados en cumprimento do disposto no artígo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 50/97.

Adxudicatario: Fernando Rodríguez Martínez.

Último domicilio coñecido: Elviña II fase, bloque 17, 0-1, 10ºC A Coruña. (C-40-IV/76, Viv. 215).

4529