Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cadoalla (Becerreá).
Situación: Becerreá.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56/54.6 sobre apoios de formigón de 0,132 km de lonxitude. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 275 metros de lonxitude en conductor R.Z. 0.6/1 kV en Al.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 15 de abril de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
3920