Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública para o trazado da L.M.T., R.B.T. do Outeiro, Cartelos, no concello de Ourense. (Expediente IN407A 98/57-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas básicas que se reflicten a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Situación: concello de Ourense.

c) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo as directrices do plan Mega.

d) Trazado e datos básicos:

1. L.M.T. aérea a 20 kV, de 294 metros de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe en apoio metálico existente da L.M.T. Velle-Ribela e remate no C.T. existente, en caseta, do Outeiro.

2. L.M.T. aérea a 20 kV, de 234 metros, en conductor LA-56, con orixe no apoio metálico existente da L.M.T. Velle-Quintele-Ribela e remate en apoio existente, tipo C-2000-16 da L.M.T, a C.T. existente de Coíñas-I. Liña de baixa tensión aérea de Cartelos-Coíñas de 655 metros.

e) Orzamento: 4.231.237 ptas.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico,

solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implicita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados os cales se describen na relacióna anexa e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; isto segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese á información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados, foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, 1-4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualemnte para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzcan.

Ourense, 3 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/57-3 A.T.Provincia: Ourense

L.M.T., R.B.T. do Outeiro, CartelosTermo municipal: Ourense

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºSuperficie

(m)Lonxitude

(m)Superficie

(m)

3Os CanosViñedoPilar Ojea Rodríguez2ª F.P. Elviña E/ San Cristovo, 3-2º Dta.

15192 A Coruña

29290

4143