Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.803

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude de probas selectivas para promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala de xestión polo sistema de promoción interna, convocadas por Resolución do 11 de setembro de 1997 da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 7 de outubro) e verificada a posesión dos requisitos esixidos na base 2 da convocatoria.

Este rector, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e o artigo 78 n) dos estatutos da universidade,

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de xestión da Universidade de Santiago de Compostela ós aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionario de carreira da escala de xestión da universidade, o interesado prestará xuramento ou promesa, de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro.-A toma de posesión deberá efectuala, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración á que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade recollida no artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a publicación desta resolución, debendo comunicarlle previamente ó rector da universidade a súa interposición.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

ESCALA DE XESTIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Apelidos e nomeDNI

1. Freire Ramos, Xosé Antón33.257.895

2. Novo Guerreiro, Concepción33.814.059

3. Colomer Fariña, Francisco Javier32.241.920

4. Meaños Melón, Elena María33.246.965

5. Pazos Salvado, María Jesús33.237.692

6. Suárez González, Elías33.198.709

7. Doral Fernández, Hortensio36.932.717

8. González Rodríguez, Berta76.357.287

9. Vázquez Barbazán, Teresa33.238.616

4050