Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de abril de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Muñiz número 14, a favor de Ricardo Domínguez Lojo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (D0G nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Muñiz nº 14.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 29.

Data da concesión: 10-1-1968.

Data de finalización da última prórroga: 22-1-2008.

Anteriores concesionarios: Mercedes Lojo Muñiz (33.112.532), Elvira Domínguez Lojo (52.450.669) e Ricardo Domínguez Lojo (33.230.193).

Novo titular da concesión e batea: Ricardo Domínguez Lojo (33.230.193).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 24 de abril de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Mª José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

3970