Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente
e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesado obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: J.V. II.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 184 Vilagarcía B.
Data da concesión: 14-3-1974.
Data do remate da última prórroga: 14-8-2004.
Anteriores concesionarios: Rodríguez Padín, Alfredo (35.329.661) e Iglesias Varela, Matilde (35.325.058).
Novos titulares concesión: Piñeiro Faro, Luis (32.552.841) e Couso Otero, Mª Carmen (35.396.875).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 17 de abril de 1998.
P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134, 10-7-1990)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)
3909