Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 26 de maio de 1998 Páx. 5.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete á información pública un expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Muxía-Santiago de Compostela, con anexos, e Aguiño-Noia, con anexos: V-7026; XG-400.

Ó abeiro do establecido no regulamento de execución da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos no Concello de Brión) da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7026; XG-400, entre Muxía-Santiago de Compostela, con anexos, e Aguiño-Noia, con anexos, da titularidade de Hermanos Ferrín, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poidan comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

3918