Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1998 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 636/98 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: traballos de asesoramento, asistencia técnica e realización de catro vídeos de catro personalidades das letras e cultura galegas.

Lugar de execución: deputación provincial.

Prazo de execución: 30 de setembro de 1998.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 4.000.000 de ptas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 160.000 ptas.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 14 de maio de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Jose Luís Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

4810