Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Concello en Pleno na sesión ordinaria do día 8 de maio de 1998 por unanimidade adoptou o seguinte acordo:

1. Aproba-lo inicio do expediente de ocupación directa, dos bens e dereitos cualificados como sistemas xerais adscritos á área de reparto AR2 e que deben facer efectivos os seus dereitos no polígono 2 e no polígono 3 delimitados na modificación puntual dos sectores urbanos SU31 zonas 5 e 6, SU32 zona 2 e SU3 rede viaria, para a implantación dunha ponte sobre o río Miño, e están concretados na relación de bens e dereitos que se precisa ocupar, que se recolle no documento da devandita modificación puntual.

2. De conformidade co previsto no artigo 154 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, proceder á publicación do expediente de ocupación directa dos bens e dereitos que se precisan para a obtención dos sistemas xerais adscritos á área de reparto AR2 con aproveitamento no polígono 2 e no polígono 3. O expediente será obxecto de publicación polo prazo dun mes, no Diario Oficial de Galicia nun xornal dos de maior circulación da provincia e será obxecto de notificación individual.

3. Delegar na Comisión de Goberno as resolucións dos sucesivos trámites.

Así mesmo, o expediente estará exposto no Concello de Ourense durante o devandito prazo.

No dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-las alegacións que coiden oportunas, por triplicado exemplar, no rexistro xeral do Concello de Ourense.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo perante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así crese conveniente.

Ourense, 15 de maio de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

3902