Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación de subministracións sucesivas de próteses de traumatoloxía. (Expediente 9814).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño), sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e coa autorización do director xeral de Recursos Económicos, con data do 15 de abril de 1998, convoca o seguinte concurso público nº 9814, para a subministración sucesiva de próteses de traumatoloxía.

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde. Hospital Montecelo, concursos e servicios. Mourente, s/n. 36071 Pontevedra. Teléfono número (986) 80 00 17 ; fax número (986) 80 00 01.

2. a) Modalidade da adxudicación: procedemento aberto.

b) Forma da adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: as entregas das próteses de traumatoloxía, faranse no almacén do Hospital Montecelo en Pontevedra.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: próteses de traumatoloxía (ver prego de cláusulas).

Orzamento total: noventa e cinco millóns, trescentas corenta mil pesetas (95.340.000 ptas.). Imposto sobre o valor engadido incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: o concurso repártese en trece lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo a demanda do Servicio de Compras e Subministros, que llo comunicará ó adxudicatario no seu momento.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto nº 1.

b) Data límite para efectúa-la solicitude: 22 de xuño de 1998.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 29 de xuño de 1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto nº 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: ás 10 horas na sala de xuntas do Hospital Montecelo, en Mourente (Pontevedra): 10 de xullo de 1998.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional: o dous por cento do orzamento de licitación de cada lote ó que licite.

Definitiva: os licitadores adxudicatarios, deberán presentar unha fianza do catro por cento do orzamento de licitación de cada lote adxudicado.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: pagos en conta mediante transferencia bancaria, unha vez recibida a subministración e conforme co disposto no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para a adxudica-lo contrato: para a proposta valoraranse no seu conxunto as ofertas presentadas, téndose en conta os criterios estipulados no prego de cláusulas.

14. Outras informacións: no enderezo e servicio indicado no punto 1.

15. Data do envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 7 de maio de 1998.

16. Anuncios: o importe dos anuncios da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Pontevedra, 28 de abril de 1998.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo

de Pontevedra

4371