Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, trámite de urxencia, do servicio de restauración, mantemento e limpeza do albergue xuvenil Benigno Quiroga.

A Delegación Provincial de Lugo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia o concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Lugo.

c) Número de expediente: 26/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: restauración, mantemento e limpeza do albergue xuvenil Benigno Quiroga.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: albergue xuvenil Benigno Quiroga en Portomarín.

d) Prazo de execución: desde o 20 de xuño ata o 10 de setembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de execución: 1.300 ptas./praza /día, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 5.440.500 ptas., IVE incluído, en función dun máximo de 4.185 prazas.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 70-3º andar.

c) Localidade: Lugo, 27071.

d) Teléfono: (982) 29 43 43.

e) Telefax: (982) 29 43 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de

proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na Ronda da Muralla, n.º 70 - 3º, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes:

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 70 - 3º.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións: os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estarán ó dispor dos licitadores nas delegacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 7 de maio de 1998.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

4732