Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.645

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de maio de 1998 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada para o día 25 de maio de 1998 no sector do transporte de viaxeiros en autobuses por estrada, regulares e discrecionais, na provincia da Coruña.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20).

O artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, e o persoal preciso para prestalos.

As centrais sindicais Confederación Intersindical Galega, Comisións Obreiras, e Unión Xeral de Traballadores, convocaron unha folga desde as cero horas do vindeiro día 25 de maio, luns, de carácter indefinido, no sector do transporte de viaxeiros en autobuses por estrada, regulares e discrecionais, na provincia da Coruña.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

Así pois, establécense servicios mínimos respecto a sectores e actividades dos que a regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poden afecta-lo desenvolvemento ordinario da actividade cidadá.

Na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, os servicios mínimos que se establecen non son senón a concreción dos criterios establecidos no decreto polo que se regulan os servicios mínimos en transportes, debendo terse en conside

ración o feito de que o transporte público constitúe un servicio público esencial para a comunidade e que as folgas nel, se non se regulan con extremo coidado os servicios mínimos, inciden de forma desproporcionada no conxunto da poboación e afectan a outros dereitos esenciais da colectividade como o dereito á educación e ó traballo.

No referente ós servicios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a Constitución de 1978, no seu artigo 27.1º, establece o dereito fundamental de todos á educación, e no punto 4 sinala que a educación básica é obrigatoria e gratuíta.

A Lei orgánica de ordenación do sistema educativo recolle no seu artigo 65.2º o mandato ós poderes públicos para presta-lo servicio de transporte escolar que se realiza por empresas de autobuses contratadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para tal fin.

O mantemento de tódalas rutas xorde da indivisibilidade deste dereito á educación, que abrangue por igual a todos, non podendo establecer diferencias de ningún tipo.

A esencialidade deste servicio respecto do dereito á educación faise aínda máis visible na nosa comunidade como consecuencia da dispersión poblacional, e polo tanto da gran parte da población educativa que se traslada diariamente por este medio.

En consecuencia, e de acordo co establecido no parágrafo 5.2º do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia aprobado polo Decreto 111/1984, do 25 de maio, e por proposta das consellerías de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, e Educación e Ordenación Universitaria, oído o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Con carácter xeral o mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga convocada para o día 25 de maio de 1998, con carácter indefinido, no sector do transporte de viaxeiros en autobuses por estrada, regulares e discrecionais, na provincia da Coruña, é o seguinte:

1.1. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Provincia da Coruña

Servicios mínimos de transporte de viaxeiros

Nª concesiónTitularItinerariosHorarios expedicións

V-7007:XG-381Autos Cal Pita, S.A.A Coruña-Oleiros-Santa Cruz (circular)

A Coruña-Sada (por Santa Cruz)

Sada-A Coruña (por Santa Cruz)

A Coruña-Oleiros (polo Burgo)

Oleiros-A Coruña (polo Burgo)

Saída da Coruña 8.00 e 18.00 h.

Saída da Coruña 8.00 e 20.00 h.

Saída de Sada 7.05 e 21.05 h.

Saída da Coruña 6.45-7.45- e 18.15 h.

Saída de Oleiros 7.15-8.15 e 18.45 h.

Nª concesiónTitularItinerariosHorarios expedicións

V-7017:XG-389Rías Altas, S.A.Ferrol-S. Xurxo da Mariña

S. Xurxo da Mariña-Ferrol

Ferrol-A Graña

A Graña-Ferrol

Ferrol-Sta. Mª do Vilar-Catabois

Catabois-Sta. Mª do Vilar-Ferrol

Ferrol-Meirás-Valdoviño

Valdoviño-Meirás-Ferrol

Saídas Ferrol 7.45 y 20.30 h.

Saídas S. Xurxo da Mariña 8.15 e 19.00 h.

Saídas de Ferrol 6.45-18.00-19.30- e 21.00 h.

Saídas da Graña 7.00-18.30-20.00 e 21.00 h.

Saídas Ferrol 7.30-18.00 e 20.00 h.

Saídas Catabois 7.00-19.00 e 21.00 h.

Saídas Ferrol 7.30 e 19.15 h.

Saídas Valdoviño 7.00 e 20.30 h.

V-0905-XG-054Rías Altas, S.A.Ferrol-Palmeiro-Mandiá

Mandiá-Palmeiro-Ferrol

Ferrol-Covas

Covas-Ferrol

Saídas Ferrol 7.45 h.

Saídas de Mandiá 8.30 h.

Saídas Ferrol 8.35 e 19.15 h.

Saídas Covas 6.45 y 18.00 h.

V-0052-XG-001Francisco Candocia VilladonigaFerrol-Praia da Frouxeira

Praia da Frouxeira-Ferrol

Saídas Ferrol 8.45 e 18.30 h.

Saídas Praia da Frouxeira 8.00 e 19.30 h.

V-0152:XG-007Hedegasa, S.L.Casalonga (Balcaide)-Santiago por Bentín

Viduído e Pereira

Santiago-Casalonga (Balcaide) por Bentín, Viduído e Pereira

Santiago-O Milladoiro-Luou-Lampai

Lampai-Luou-O Milladoiro-Santiago

Casal de Reis-Raris-Solláns-O Milladoiro-Santiago

Santiago-O Milladoiro-Sollans-Raris-Casal de Reis

Santiago-O Milladoiro-Casalonga (Balcaide)

Balcaide-Casalonga-O Milladoiro-Santiago

Saídas Casalonga 7.00 e 20.00 h.

Saídas Santiago 8.00 e 21.00 h.

Saídas Santiago, 20.15 h.

Saídas Lampai 7.00 h.

Saídas de Casal de Reis 8.00 e 19.00 h.

Saídas de Santiago 6.45 e 9.15 h.

Saídas Santiago 7.30 e 19.30 h.

Saídas Casalonga 8.30 e 18.30 h.

V-1574:XG-097Transportes Finisterre,S.A.A Coruña-Monteagudo

Monteagudo-A Coruña

Saídas A Coruña 19.15 h.

Saídas Monteagudo 6.50 h.

V-1623:XG-104Empresa Seoane, S.L.San Cristovo Merín-Santiago

Santiago-San Cristovo Merín

Saídas San Cristovo 7.00 h.

Saídas Santiago 19.30 h.

V-1682:XG-112Trolebuses Coruña-Carballo, S.AA Coruña-Val de Loureda-Boedo

Boedo-Val de Loureda-A Coruña

Saídas A Coruña 19.45 h.

Saídas Boedo 9.00 h.

V-1981:XG-160Empresa Seoane, S.L.Pte. Sarandón-Santiago

Santiago-Pte. Sarandón

Saídas Pte. Sarandón 7.30 h.

Saídas Santiago 18.00 h.

V-3263:XG-363Autos Baleiron, S.A.Rois-Santiago

Santiago-Rois

Saídas Rois 7.00 e 20.00 h.

Saídas Santiago 8.00 e 21.00 h.

V-7030:XG-404Ideal Auto, S.A.Ferrol-Ares

Ares-Ferrol

Ferrol-Mugardos polo Seixo

Mugardos-Ferrol polo Seixo

Saídas Ferrol 8.30 e 20.30 h.

Saídas Ares 18.00 h.

Saídas Ferrol 9.00 e 19.00 h.

V-7034:XG-408AsicasaA Coruña-Sumio-Barcia-Meirama

A Coruña-San Vicente de Vigo

A Coruña-Castelo

A Coruña-Andeiro-Gosende-Sergude

A Coruña-Barcala-Sta. Mª Vigo

A Coruña-Cerceda

Orro-Alvedro-A Coruña

Saída A Coruña 19.55 h.

Saída Meirama 7.25 h.

Saídas A Coruña 8.55 e 20.55 h.

Saídas S. Vicente de Vigo 7.50 e 18.45 h.

Saída Castelo 7.40 h.

Saída A Coruña 19.30 h.

Saída A Coruña 19.30 h.

Saída Sergude 6.40 h.

Saída A Coruña 19.25 h.

Saída Sta. Mª Vigo 6.40 h.

Saída A Coruña 19.30 h.

Saída Cerceda 6.30 h.

Saída de Orro 8.20 h.

Saída A Coruña 18.30 h.

V-2214:XG-203Emilia López FacalA Coruña-Canzobre

Canzobre-A Coruña

Saídas A Coruña 20.00 h.

Saídas Canzobre 7.30 h.

V-1129:XG-064Autocares Eliseo Pita, S.A.A Coruña-Sanda (por Fontán)

Sada-A Coruña (por Fontán)

Saídas A Coruña 20.00 h.

Saídas Sada 7.45 h.

V-7032:XG-406Empresa Gómez de Mesía, S.L.Cruces de Becexo-A CoruñaSaídas Cruces de Becexo 7.15 h.

Saídas A Coruña 18.00 h.

V-2281:XG-208Autocares capela, S.L.Faeira-FerrolSaídas de Faeira 7.00 h.

Saídas Ferrol 18.00 h.

V-1598:XG-100Autos Grabanxa, S.L.Santiago-FradesSaídas Santiago 19.00 h.

Saídas Frades 7.30 h.

Nª concesiónTitularItinerariosHorarios expedicións

V-1602:XG-102Ruta Bus, S.A.S. Miguel de Vilela-A CoruñaSaídas San Miguel de Vilela 6.15 h.

Saídas A Coruña 19.00 h.

V-3013:XG-338Modesto Riveiro BerdullasAmanecidas-SantiagoSaídas Amanecida 6.30 h.

Saídas Santiago 19.00 h.

V-3131:XG-349Autocares Salvado, S.A.Arzúa-A CoruñaSaídas Arzúa 6,45 h.

Saídas A Coruña 18.00 h.

V-7022-:XG-396Castromil, S.A.A Coruña-Padrón-Vigo

A Coruña-Gundín-Muros

Vigo-A Escravitude-Ferrol

Noia-Pontecesures-Vigo

Santiago-Prado-Ourense

Saídas A Coruña 8.00 e 19.00 h.

Saídas Vigo 9.30 e 19.00 h.

Saídas A Coruña 18.00 h.

Saídas Muros 8.00 h.

Saídas Vigo 7.00 h.

Saídas Ferrol 18.30 h.

Saídas Noia 8.00 h.

Saídas Vigo 18.00 h.

Saídas Santiago 10.00 e 18.30 h.

Saídas Ourense 8.45 e 18.45 h.

V-7027:XG-401Autos Carballo, S.A.Carballo-Santiago polo cruzamento de Anxeríz e Portomouro

Laracha-Santiago

Saídas Carballo 7.20 e 19.15 h.

Saídas Santiago 7.30 e 19.00 h.

Saídas Laracha 7.00 h.

Saídas Santiago 19.30 h.

V-7026:XGEmpresa el Celta, S.A.Santiago-Corrubedo por Aguiño, Rianxo e Bures

Santiago-Muxía

Santiago-Santa Comba (por Aguaspasadas)

Santiago-Negreira-Outes

Santiago-Ribeira por Araño

Santiago-Negreira por Brión

Santiago-A Picaraña Gándara

Saídas Santiago 19.15 h.

Saídas Corrubedo 6.45 h.

Saídas Muxía 7.15 h.

Saídas Santiago 19 h.

Saídas Santa Comba 7.30 h.

Saídas Santiago 18 h.

Saídas Outes 7.30 h.

Saídas Santiago 7.00 e 18.30 h.

Saídas Ribeira 8.30 e 19.15 h.

Saídas Santiago 19.15 h.

Saídas Negreira 8.00 h.

Saídas Santiago 19.30 h.

Saídas Gándara 8.00 h.

V-7017:XG-389Rías Altas, S.A.Ferrol-CedeiraSaídas Ferrol 8.30 e 20.30 h.

Saídas Cedeira 7.45 y 20.30 h.

V-7002:XG-376Labacolla, S.A.A Coruña-Aeroporto de LavacollaSaídas A Coruña 7.30 h.

Saídas Aeroporto 19.00 h.

V-7030:XG-404Ideal Auto, S.A.Lugo-Viveiro

Viveiro-As Pontes-Santiago

A Coruña-Melide-Ourense

A Coruña-Paderne

A Coruña-Vilamateo-Casal

Ferrol-Melide-Ourense

A Coruña-Viveiro

A Coruña-As Pontes

Ortigueira-Santiago por A-9

Saídas Lugo 9.15 h.

Saídas Viveiro 7.15 h.

Saídas Viveiro 6.30 h.

Saídas Santiago 18.00 h.

Saídas A Coruña 7.45 h.

Saídas Ourense 7.30 h.

Saídas A Coruña 19.30 h.

Saídas Paderne 8.30 h.

Saídas A Coruña 20.00 h.

Saídas Casal 9.00 h.

Saídas Ferrol 10.30 h.

Saídas Ourense 18.00 h.

Saídas A Coruña 7.00 e 19.00 h.

Saídas Viveiro 6.45 e 18.45 h.

Saídas A Coruña 18.00 h.

Saídas As Pontes 8.00 h.

Saídas Ortigueira 6.45 h.

Saídas Santiago 19.30 h.

V-7030:XG-404Ideal Auto, S.A.Ferrol-Irixoa por Ponte da Pedra

Chanteiro-Ferrol polas Pías

Ferrol-Vilalba por Cabreiros

Meira-Santiago por Vilalba e Curtis

A Coruña-Vilalba por Irixoa

A Coruña-Ponte Aranga por Ois

Ferrol-Santiago por Muniferral

Saídas Ferrol 11.30 e 18.30 h.

Saídas Irixoa 8.30 h.

Saídas Chanteiro 8.00 h.

Saídas Ferrol 6.45 h.

Saídas Ferrol 19.00 h.

Saídas Vilalba 6.45 h.

Saídas Meira 8.30 h.

Saídas A Coruña 18.30 h.

Saídas Vilalba 7.00 h.

Saídas A Coruña 19.15 h.

Saídas Aranga 7.00 h.

Saídas Ferrol 6.45 e 18.30 h.

Saídas Santiago 6.30 e 18 h.

Nª concesiónTitularItinerariosHorarios expedicións

V-2958:XG-334Trap, S.A.Ortoño-Santiago

Santiago-Ortoño

Saídas Ortoño 7.00 e 19.15 h.

Saídas Santiago 7.45 e 20.15 h.

V-7037:XG-411Autos S. Vázquez, S.A.A Coruña-San Pedro de PrésarasSaídas S.Pedro de Présaras 7.00 h.

Saídas A Coruña 18.00 h.

V-7009:XG-383Transportes Finisterre, S.A.A Coruña-Muros

A Coruña-Fisterra

A Coruña-Camariñas

A Coruña-Malpica-Corme

A Coruña-Muxía

Santiago-Fisterra

Saídas Muros 7.00 h.

Saídas A Coruña, 18.30 h.

Saídas A Coruña 19.10 h.

Saídas Fisterra 7.30 h.

Saídas A Coruña 18.15 h.

Saídas Camariñas 6.30 h.

Saídas A Coruña 20.00 h.

Saídas Corme 7.15 h.

Saídas A Coruña 18.30 h.

Saídas Muxía 6.45 h.

Saídas Fisterra 6.45 h.

Saídas Santiago 18.30 h.

1.2. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Os servicios mínimos que se manterán no caso de folga son tódolos servicios de transporte escolar que discorran pola provincia da Coruña.

Artigo 2º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 3º

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1994.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4535