Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación no servicio de traslado de historias clínicas entre o arquivo central e os centros deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 55/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia do 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto: servicio de traslado de historias clínicas entre o arquivo central e os centros do complexo hospitalario.

II. Orzamento máximo autorizado: 26.829.984 ptas. (vinteseis millóns oitocentas vintenove mil, novecentas oitenta e catro pesetas), IVE incluído.

III. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segúndo disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

V. Prazo de execución: un ano, desde o 1 de xuño de 1998, ou data da sinatura do contrato, se é posterior. Este contrato poderá prorrogarse nos termos que se establecen no artigo 199 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VI. Admisión de variantes: non se admiten.

VII. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios que establece o artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

VIII. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios que establece o artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

IX. Criterios de adxudicación: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, Rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

XII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XIII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIV. Documentación que deberán aporta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XV. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

4321