Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 15 de abril 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fan públicas as notificacións de resolución do expediente sancionador PO-0501-97 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que se citan a continuacion, a resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma nº 4, Vigo) e presentar ante a citada delegación as alegacións que consideren pertinentes.

Nº de expediente: PO-0501-97.

Denunciado: Adrián Vázquez Oubiña.

Enderezo: Lg. Bouzas, s/n, Illa de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 6.5º, 6.7º e 6.13º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 1.000.000 de ptas.

Nº de expediente: PO-1076-97.

Denunciado: Juan Carlos González Filloy.

Enderezo: Regueiriños-Lourizán, 19 B, Marín (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 6.5º e 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 100.000 ptas.

Nº de expediente: PO-1120-97.

Denunciada: Mª Teresa Blanco Dios.

Enderezo: Alcalde Manuel de Graña, 3, Illa de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 6.1º e 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 125.001 ptas.

Nº de expediente: PO-1149-97.

Denunciado: Manuel Ángel Meis Mascato.

Enderezo: Virxe das Mareas, 60, O Grove (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 6.7º e 6.10º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 100.000 ptas.

Nº de expediente: PO-1160-97.

Denunciado: Juan Carlos González Filloy.

Enderezo: Regueiriños-Lourizán 19 B, Marín (Pontevedra)

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 50.000 ptas.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta 'Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 15 de abril de 1998.

Rosa María Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

3905