Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

Aprobado definitivamente polo Pleno desta Corporación de Valdoviño, con data do 27 de marzo de 1998, o proxecto de bases e estatutos da xunta de compensación da unidade de actuación nº 3 das normas subsidiarias de planeamento municipal, faise público de conformidade co artigo 133.4º da Lei do solo de Galicia.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; neste caso deberá serlle comunicado previamente e por escrito ó órgano municipal que adoptou o acordo, segundo dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Valdoviño, 20 de abril de 1998.

A alcaldesa

Rubricado

4547