Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipamento sanitario para puntos de atención continuada. (SCC 12/1998). (Catro lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración do equipamento sanitario para puntos de atención continuada. (SCC 12/1998).

Lote nº 1: autoclaves: 5.040.000 ptas.

Lote nº 2: electrocardiógrafos 3 canles: 7.280.000 ptas.

Lote nº 3: desfibriladores portátiles: 12.100.000 ptas.

Lote nº 4: analizadores química seca: 2.920.000 ptas.

Orzamento: 27.340.000 ptas. IVE incluído.

Lote nº 1: 5.040.000 ptas.

Lote nº 2: 7.280.000 ptas.

Lote nº 3: 12.100.000 ptas.

Lote nº 4: 2.920.000 ptas.

Fianza provisional: licitando ós catro lotes: 546.000 ptas.

Lote nº 1: 100.800 ptas.

Lote nº 2: 145.600 ptas.

Lote nº 3: 242.000 ptas.

Lote nº 4: 58.400 ptas.

Fianza definitiva: licitando ós catro lotes: 1.093.600 ptas.

Lote nº 1: 201.600 ptas.

Lote nº 2: 291.200 ptas.

Lote nº 3: 484.000 ptas.

Lote nº 4: 116.800 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: os ben obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: de acordo co establecido no artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: de acordo co establecido no arataigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

1. Deseño, calidade e condicións técnicas e a súa adecuación ó solicitado no prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

2. Prezo ofertado: ata 3 puntos.

3. Prazo de entrega: ata 2 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación esta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 hotas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores : os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1998.

Antonio Fernández-Campa García Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

4699