Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.593

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Blanco Munín, S.L, cafetería de persoal da cidade sanitaria Juan Canalejo.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Blanco Munín, S.L. cafetería de persoal da cidade sanitaria Juan Canalejo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-4-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social polo delegado de persoal o día 30-1-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de abril de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Táboas de salarios do ano 1998 para o persoal da empresa Blanco Munín, S.L.

Asistentes:

-Pola parte empresarial:

Orlando Blanco Armada.

-Pola parte social:

José Manuel Álvarez Rodríguez.

José Ramón Grela Castro (CC.OO.-asesor).

Na Coruña o 30 de xaneiro de 1998, sendo as 10 horas, nos locais da empresa reúnense dunha parte, a representación empresarial de Blanco Munín, S.L. e doutra, a representación social da dita empresa, á marxe citada. Os reunidos constatan os seguintes extremos:

Primeiro.-Establece o artigo 5 do convenio colectivo da empresa Blanco Munín, S.L. que ó cumpri-la data do seu vencemento, o convenio se prorrogará tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia por calquera das partes contratantes cun mes, como mínimo, de antelación á data de expiración: de prorrogarse pola tácita, tódolos conceptos económicos se incrementarán no IPC (índice de prezos ó consumo) establecido polo INE (Instituto Nacional de Estatística).

Segundo.-Ó non facer uso antes de decembro de 1997, nin a parte empresarial nin a social, da denuncia prevista no artigo 5, debe este convenio prorrogarse pola tácita e tódolos conceptos económicos se incrementarán no IPC establecido polo INE.

Terceiro.-Que o IPC constatado e publicado polo INE no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997 é o 2 por cento.

Cuarto.-Que as táboas sobre as que hai que aplica-lo incremento do 2 por cento son as do ano 1997, as cales se incrementan publicadas no BOP do 1 de abril de 1997.

En relación con todo o anterior, as partes acordan:

1. Incrementa-las táboas salariales de 1997 nun 2 por cento. As ditas táboas son as que figuran no anexo I desta acta.

2. O dito incremento aplicarase desde o 1 de xaneiro de 1998. Os atrasos de xaneiro aboaranse antes de finalizar marzo de 1998.

3. Autorizar a José Ramón Grela Castro para que proceda a presenta-la acta e o anexo ante a autoridade laboral para proceder ós trámites de rexistro, depósito e publicación.

Sen máis asuntos que tratar, asínase de conformidade a presente acta no lugar e data no encabezamento expresados.

ANEXO I

Táboa salarial 1998

CategoríaSalario base

mensual

Plus de

cantidade de

traballo mensual

Plus transporte mensualTotal mensualTotal anual

Xerente124.07910.6906.415141.1842.066.445

Oficial administrativo106.19210.6906.415123.2971.798.140

Encargado106.19210.6906.415123.2971.798.140

Cociñeiro106.19210.6906.415123.2971.798.140

Camareiro106.19210.6906.415123.2971.798.140

Axudante102.37210.6906.415119.4771.740.840

Fregadora102.37210.6906.415119.4771.740.840

Persoal contratado para a formación.-Para a aplicación do salario para este tipo de contratos, aplicarase o disposto no artigo 11.2º h) da Lei do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 26 de decembro de 1997.

4678