Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilamerelle San Xulián Pallota (Palas de Rei).
Situación: Palas de Rei.
Características técnicas: liñas de media tensión a 20 kV en conductor LA-56/24,6 mm sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA e 110 kVA respectivamente, relación 20.000/380-220 V. Liñas de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV Al.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 31 de marzo de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
3621