Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 27 de abril, prestou a súa aprobación con carácter inicial ó expediente de modificación das normas subsidiarias municipais de planeamento, nas zonas B, C e D.

O expediente exponse ó público, polo prazo dun mes, en cumprimento do establecido no artigo 32 da Ley 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Esta aprobación inicial, de conformidade co establecido no artigo 34 da devandita lei, supón a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición, nas zonas do territorio obxecto de planeamento, nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente; en concreto estas zonas ás que afecta a suspensión son as seguintes:

Zona B.

-Terreo cunha superficie de 62.241 m, atravesado en dirección leste-oeste pola Avenida de Sarria, cos seguintes límites:

Rúa Celso Emilio Ferreiro ó este.

Traseiras da Avenida de Galicia ó norte.

Traseiras da rúa Escultor Fco. Moure e Campo da Compañía ó oeste.

-Polígono de 730 m, comprendido entre a rúa Celso Emilio Ferreiro e a vía do ferrocarril.

-Polígono situado ó leste do ferrocarril, que limita con el, polo lado oeste, de 3.338 m.

-Apertura dunha vía transversal á rúa Celso Emilio Ferreiro e outra transversal á Avenida de Sarria, presentadas como actuacións asistemáticas.

Zona C.

-Prolongación da rúa Rof Codina, antigo matadoiro municipal e o seu contorno.

Zona D.

-Remate do cuarteirón colindante co parque dos Condes.

Na mesma sesión aprobouse, con carácter inicial, o expediente de modificación das normas subsidiarias de planeamento, na zona de San Vicente do Pino. O expediente exponse ó público, polo prazo dun mes.

Na mesma sesión aprobouse, con carácter inicial, o plan especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos, redactado polo arquitecto Carlos E. Meixide Calvo. Este plan exponse ó público, para os efectos de exame e reclamacións, por un prazo de tres meses.

A mencionada aprobación inicial supón a suspensión de licencias nas zonas afectadas, en canto se opoñan ó novo planeamento aprobado.

Para tódolos expedientes relacionados, os prazos de exposición pública contaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Monforte de Lemos, 6 de maio de 1998.

Nazario Pin Fernández

Alcalde

4602