Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, do servicio de realización de probas analíticas en laboratorios externos.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7º da Orde do 22 de maio de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso público, do servicio de realización de probas analíticas en laboratorios externos.

I. Obxecto e orzamento.

Lote nº 1: estudio de cariotipos hematolóxicos, por un orzamento máximo de sete millóns duascentas mil pesetas (7.200.000 ptas.) IVE incluído. Lote nº 2: probas de diagnóstico prenatal, por un orzamento máximo dun millón novecentas cincuenta mil pesetas (1.950.000 ptas.) IVE incluído. Lote nº 3: outros estudios, por un orzamento máximo de trece millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (13.450.000 ptas.) IVE incluído.

II. Prazo de execución.

Inmediato desde a data de formalización do contrato.

III. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. Tfno.: (982) 29 65 52 e Fax: (982) 21 29 24.

IV. Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento corenta e catro mil pesetas (144.000 ptas.) para o lote nº 1; de trinta e nove mil pesetas (39.000 ptas.) para o lote nº 2 ; de duascentas sesenta e nove mil pesetas (269.000 ptas.) para o lote nº 3, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995 de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

V. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995 de 18 de maio de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

VII. Clasificación.

Grupo III, subgrupo I, categoría B.

VIII. Criterios de adxudicación.

-Prezo, ata 5 puntos.

-Control de calidade, ata 4 puntos.

-Sistema de intercomunicación informática entre os laboratorios, ata 3 puntos.

-Prazo de entrega e sistema de recollida de mostras, ata 2 puntos.

IX. Admisión de variantes.

Non se admitirá a presentación de variantes.

X. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

XI. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XII. Documentación que deberán aporta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 4 de marzo de 1998.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

4063