Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.446

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.- Orde do 27 de abril de 1998 pola que se regulan os programas de fomento da contratación da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 1998.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 82, do xoves 30 de abril de 1998, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 4.630, no parágrafo 5º, onde di: «... de contratos temporais, a tempo completo e a tempo parcial, nun sistema mixto...», debe dicir: «... de contratos temporais, nun sistema mixto...».

Na páxina 4.633, no artigo 21.2º, onde di: «... ou se produza a transformación do contrato en indefinido. En todo caso o prazo...», debe dicir: «... ou se produza a transformación do contrato en indefinido; nos supostos nos que a contratación fose anterior á entrada en vigor desta orde, o devandito prazo empezará a computarse desde a data de entrada en vigor dela. En todo caso o prazo...».

Na páxina 4.638, no anexo III, na columna onde di: «Nº de baixas por algunha das causas previstas no artigo 9.1º (B)», debe dicir: «Nº de baixas por algunha das causas previstas no artigo 8.1º (B)».

Na páxina 4.640 no anexo V, no recadro onde di «oficina de desemprego inscrito», debe dicir: «oficina de emprego inscrito».

4380