Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.441

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 18 de maio do 1998 pola que se determinan as festas locais nas que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 1998.

De acordo co disposto no artigo 3.2º do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan

os horarios comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 98/1998, do 20 de marzo, as festas locais soamente se considerarán hábiles para os efectos da actividade comercial se os respectivos concellos así llo solicitan á Consellería de Industria e Comercio con anterioridade ó 15 de novembro de cada ano para a súa incorporación o calendario que rexerá no ano seguinte.

Por outra banda de acordo co disposto ca disposición transitoria primeira do citado Decreto 98/1998, durante o ano 1998 a solicitude á que fai referencia o artigo 3.2º, segundo parágrafo, do Decreto 365/1996 deberá presentarse na Consellería de Industria e Comercio dentro do prazo dun mes contado desde a súa entrada en vigor.

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes dos concellos, e á vista das presentadas,

DISPOÑO:

1. Autoriza-la apertura dos establecementos comerciais durante o ano 1998 nos concellos e días que de seguido se relacionan:

-Concello de Barbadás (Ourense): 11 de novembro.

-Concello de Nigrán (Pontevedra): 29 de xuño e 1 de agosto.

2. As festas locais do resto dos concellos non determinados no punto anterior consideraranse inhábiles para os efectos da actividade comercial durante o ano 1998.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1998.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

3551