Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso para a concesión do servicio de biblioteca infantil municipal.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: C98/5.

2. Obxecto do contrato: concesión do servicio de biblioteca infantil municipal.

Prazo de execución: un ano prorrogable ata seis meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 22.500.000 ptas. anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6 Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1 - 2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día da finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

8. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b)Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións: nos anversos dos sobres consiganarase con claridade o seu contido («Proposición económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a concesión do servicio de biblioteca infantil municipal».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 30 de abril de 1998

O alcalde

Asinado

4574