Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/176-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: derivada da liña eléctrica de media tensión a 15/20 kV.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV sobor de apoios de formigón e cun conductor LA-56 de 30 m cun orixe na liña en Montoutiño-Casallas e final no C.T. que se vai instalar. Centro de transformación aéreo de 50 kVA e unha tensión de 15/20 0,380-0,220 kV en Penas, do que parte a rede de baixa tensión sobor de apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.040 m discorrendo polo concello de Melide.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 13 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3578