Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/329-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., e R.B.T. na Avda. de Arsenio Iglesias.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV de 0,52 km con orixe na torre metalica que se vai a instalar na L.M.T. 5 e 7 do polígono de Sabón (expediente 29319) e remata na

mesma liña na estrada de Caión en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. Liña de media tensión subterránea de 20 kV de 0,48 km con orixe no C.T. Avda. de Caión (expediente 114/95) e remata no C.T. República Salvador (expediente 95/96) en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. Dous centros de distribución prefabricados de 400 kVA 15.000/380-220 V no CD piscina municipal polígono de Sabón e CD seleccións de alta costura. Rede de baixa de 0,485 km orixe no C.T. cruzamento Avda. Arsenio Iglesias-Estrda de Caión, en conductor R.V. 0,6/1 kV 4x240.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3418