Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Coto de Batán.
Situación: Lalín.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 255 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 76 da L.M.T. LAL-809 rematando no C.T. que se proxecta en Coto de Batán, concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 30 de marzo de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
3612