Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 16 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador 36/67/1997, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a proposta de resolución

do expediente sancionador nº 36/67/1997, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á interesada para que nun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, formulen as alegacións que consideren convenientes ante o instructor do expediente.

Expediente: 36/67/1997.

Inculpado: Carpintería de Aluminio Villaverde, S.L.

Enderezo: Avda. de Montecelo, nº 21, Pontevedra.

Motivos: fraude á calidade.

Proposta de sanción: 150.000 ptas.

Data da proposta: 31-3-1998.

Pontevedra. 16 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial do Instituto Galego

de Consumo

3979