Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Acordo de información pública sobre o procedemento de delimitación e deslindamento da Vía da Prata (expediente 95/10/0126).

Advertido erro no Diario Oficial de Galicia, nº 15, do 23 de xaneiro de 1998, referido ó expediente delimitación do trazado do referido camiño, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 642, onde di: «Provincia de Ourense:...Paderna...», debe dicir: «Provincia de Ourense:...Paderne de Allariz...».

2186