Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de abril de 1998, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00277-I-97).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos, que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 8 de abril de 1998.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

DX-00277-I-97

OR-9130-H

3326014268 A7286

Toén, S.L.

Xral. Moscardó, 004

320 Ourense

Realizar transporte público regular de viaxeiros de uso especial (escolar), con destino ó colexio público Xoán Antonio Saco e Arce, utilizando o vehículo matrícula OR-9130-H, que está en posesión dunha tarxeta VD-Nacional, que non leva á vista, o vehículo carece na parte posterior do rótulo indicativo do transporte que realiza.

30-5-1997; 10.15

Art. 199 b) do Real decreto 1211/1990. Art. 4.3º Real decreto 2296/1983 e Art. 5 da Orde do 25 de outubro de 1990, pola que se regulan os distintivos dos vehículos que realizan transporte (BOE número 260, del 30)Art. 143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.15.000

3651