Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.340

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (342/1992).

O maxistrado-xuíz do Penal número tres de Vigo, en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fai saber que neste xulgado, baixo o número 342/1992, se segue un xuízo executivo por instancia do Banco Pastor S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Francisco Lojo Negreira e Avelina López Mayo, por reclamación de 1.579.693 pesetas, máis os xuros legais, gastos e custas, e nos devanditos autors acordouse sacar á venda en poxa pública, por termo de vinte días o seguinte ben embargado no procedemento e que ó final do presente edicto se exporán polo miúdo; poxa que terá lugar por primeira vez neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, o vindeiro día 11 de xuño de 1998, ás 17.45 horas, baixo as seguintes condicións da poxa:

Primeira.-O tipo para a primeira poxa será o do valor que se lle deu ós bens, non admitindo ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da devandita suma.

Segunda.-Para tomaren parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente, polo menos o 20 % da taxación no Banco Bilbao Bizcaya, S.A., conta de consignacións número 1576.0000.17.0342.92.

Terceira.-Soamente o executante poderá cede-lo remate a terceiros.

Cuarta.-Poderanse facer ofertas por escrito, en prego fechado, desde o anuncio da poxa ata que teña lugar, depositándoas na mesa do xulgado e achegando o resgardo que acredite o ingreso do importe citado no punto 2º.

Quinta.-Os títulos da propiedade, suplidos por certificación rexistral, estarán de manifesto na secretaría do xulgado, debendo conformarse con eles os licitadores, que non terán dereito a esixir ningún outro que así mesmo estarán de manifesto os autos; e as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o remantante as acepta e queda subrrogado na responsabilidade delas, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Sexta.-para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 2 de xullo de 1998, ás 18.45 horas, nas mesmas condicións que a primeira, bardante o tipo de avalúo que se rebaixa nun 25% do da primeira; e, no caso de resultar deserta esta segunda poxa, terá lugar unha terceira, sen suxecición a tipo,

o día 10 de setembro de 1998, ás 10.45 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

O ben obxecto da poxa é o seguinte:

Urbana.-Casa destinada a vivenda unifamiliar, situada no lugar de Casal, parroquia de Seira, concello de Rois; que consta de planta baixa, un piso alto e unha bufarda, e que ocupa no soar unha superficie de cento oitenta metros cadrados. Ten como anexo un terreo no sitio de Agro, de toxal, de oitocentos trinta e nove metros e noventa e nove decímetros cadrados. Linda o conxunto, norte, José Guerra e outros; sur José Carro; leste, camiño ou pista e José Guerra e oeste, Eduardo Souto Souto e esposa María del Carmen Blanco González. A edificación está situada no sector suroeste do predio.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 512, libro 127 de Rois, folio 172 volto, predio número 16.908, inscrición 2.

O predio foi taxado para que sirva de tipo para a primeira poxa en 26.519.970 pesetas.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados executados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos correspondentes diarios oficiais, en Padrón, o vinte de abril de mil novecientos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3526