Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.333

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998 pola que se convoca a libre designación de tres postos vacantes no cadro de persoal da Universidade de Santiago de Compostela.

Vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican no anexo a esta resolución, e sendo necesaria a súa provisión o rector, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 23 do convenio colectivo para persoal laboral das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, resolve convocar, por libre designación, os anteditos postos, con suxeición ás seguintes.

Bases da convocatoria.

1. Requisitos: poderá concursa-lo persoal laboral que pertenza ós grupos e reúna os requisitos que para cada praza se especifican no anexo.

2. Solicitudes:

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

2.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela ou no rexistro do Campus de Lugo (Vicexerencia, Augas Férreas, polígono de Fingoi, s/n.).

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do/a interesado/a.

3. Méritos: os aspirantes deberán xuntarlle á petición un currículum vitae e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

4. Norma derradeira: a presente convocatoria e as súas bases, así como cantos actos administrativos se deriven desta, poderán ser impugnados polos/as interesados/as, de conformidade co establecido na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

-Dotación: 1.

Denominación posto: director COIE.

Grupo: I.

Tipo plus: F.

Requisitos: técnico superior de orientación estudiantil.

-Dotación: 1.

Denominación posto: subdirector COIE.

Grupo: I.

Tipo plus: F.

Requisitos: técnico de emprego.

-Dotación: 1.

Denominación posto: coordinador aulas informáticas. Servicios xerais docencia-SEIN.

Grupo: I.

Tipo plus: D.

Requisitos: analista informático.

3518