Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.253

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998 pola que se aproba a terceira emisión de papel de fianzas e subministración das clases A, B, C e D.

Vista a proposta de Resolución do 27 de abril de 1998, pola que se propón a aprobación da emisión de papel de finanzas e subministracións e, tendo en conta que a maior parte das clases de efectos emitidos en virtude da Resolución do 7 de febreiro de 1994 (DOG do 24 de febreiro) están esgotados ou a punto de esgotarse, é preciso proceder a unha terceira emisión.

Por todo iso, ó abeiro das competencias atribuídas pola Lei 3/1988, de creación do IGVS, Decreto 288/1988, do 29 de setembro, de desenvolvemento daquela lei e Decreto 70/1997, do 14 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica deste organismo,

RESOLVO:

Primeiro.-Autoriza-la terceira emisión de papel de finanzas que se fará de acordo cos modelos e iguais formatos cós das clases xa establecidas e creadas anteriormente.

1. Anverso do papel de fianzas.

Estará formado de igual xeito cós das clases xa establecidas.

2. Reverso do papel de fianzas.

Estará formado de igual xeito cós das clases creadas anteriormente.

3. Tamaño no que debe ser confeccionado.

Largo: 95 mm.

Longo: 230 mm, dos que corresponden 177x95 ó talonario e 53x95 mm ó resgardo perforado.

4. Valor dos papeis de fianzas.

Confeccionarase o papel polo seu valor e clase xa establecida, agrupándose en talonarios de 100 resgardos, figurando na carátula do talonario o valor e a clase expresados.

5. Tintas que se utilizarán.

As tintas, cores e intensidades que se utilizarán serán as xa establecidas para cada clase.

6. tipo de papel.

Gramaxe: 110 gramos con marca á auga.

Segundo.-O papel de fianzas emitido será das clases: A, B, C, e D, de 25.000, 10.000, 5.000 e 1.000 pesetas respectivamente, partindo da última numeración da segunda emisión do instituto, empezando coa letra correspondente á clase de efectos desde:

-Clase e importe: A-25.000.

Efectos: 25.000.

Numeración: 0.100.001 ata 0.125.000.

Total ptas.: 625.000.000.

-Clase e importe: B-10.000.

Efectos: 100.000.

Numeración: 0.090.001 ata 0.190.000.

Total ptas.: 1.000.000.000.

-Clase e importe: C-5.000.

Efectos: 100.000.

Numeración: 0.080.001 ata 0.155.000.

Total ptas.: 500.000.000.

-Clase e importe: D-1.000.

Efectos: 100.000.

Numeración: 0.100.001 ata 0.200.000.

Total ptas.: 100.000.000.

Total: 2.225.000.000 ptas.

Terceiro.-O papel emitido ó abeiro da presente resolución terá as mesmas características, consideración e efectos que o emitido ó abeiro da resolución do 7-2-1994, e corresponderease coa terceira emisión de papel de fianzas do Instituto Galego da Vivenda e solo.

Cuarto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

3932