Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 13 de maio de 1998 Páx. 5.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de abril de 1998, da área provincial de Pontevedra, pola que se notifican os pregos de cargos que se formulan nos procedementos administrativos de desafiuzamento que se seguen nos expedientes de regularización da situación dos ocupantes de vivendas de promoción pública PO-57/1996 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ós interesados que se citan a continuación, dos que o último enderezo coñecido é o da vivenda obxecto de desafiuzamento, o prego de cargos que se lles formulan, por infracción ó réxime legal que regula as vivendas de protección oficial, nos procedementos administrativos de desafiuzamento que se tramitan dentro dos expedientes de regularización de situacións de ocupantes de vivendas de promoción pública, acollidos ó Decreto 320/1995, do 2 de decembro (DOG nº 241, do 19 de decembro).

Prego de cargos.

Non destina-la vivenda ó seu domicilio habitual e permanente, causa sexta recollida no artigo 30 do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial e, na mesma causa sexta do artigo 138 do Decreto 2114/1968, de 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento para a aplicación da Lei sobre vivendas de protección oficial. De acordo co artigo 142 do devandito regulamento, concédeselles un prazo de oito días para a súa contestación por escrito, no que formularán as alegacións e propoñerán as probas que consideren oportunas no seu descargo.

Pontevedra, 3 de abril de 1998.

Carlos A. González Rodríguez

Xefe da área provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo de Pontevedra

ANEXO

Nº Expte. desafiuzamento: 57/1996.

Adxudicatario: Ramón Rial Romay.

Enderezo: Virxe do Carme, 63-As Laxes-A Illa de Arousa.

Expte. construcción: PO-1173 Estra. 63.

Nº Expte. desafiuzamento, 59/1996.

Adxudicatario: M. Fungueiriño.

Enderzo: Virxe do Carme, 58-As Laxes-A Illa de Arousa.

Expte. construcción: PO-1173 Estr. 58.

4326