Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Runs.
Situación: Boiro.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,02 km con orixe no apoio s/n da L.M.T. a C.T. Coroño (expediente 27227) e final no C.T. proxectado Runs, en conductor LA 56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V en Runs. L.B.T. aérea de 1,125 km con orixe en C.T. Runs, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 0,68 km con orixe no C.T. Carballa, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 1,065 km con orixe no C.T. Xarmea, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 6 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
3824