Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.156

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 6 de maio de 1998 polo que se fai público o nomeamento, en réxime de provisión temporal, do secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Sarria.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Minsiterio de Xustiza en Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 28 de abril de 1998.-Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretario de Provisión Temporal.-Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.-Pazo da Audiencia r/ Capitán Juan Varela s/n A Coruña. Confírmase o

acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 24-4-1998, polo cal se nomea secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Sarria (Lugo) en réxime de provisión temporal. Esta xerencia territorial, no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE 28 de xuño) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais:

Provincia de Lugo.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Sarria, María Carmen Álvarez Iglesias.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Relacións coia Administratación de Xustiza. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. Manuel Olmo Peláez. Rubricado. Hai un carimbo de saída da xerencia territorial».

Así mesmo, faise constar que contra o acordo dos ditos nomeamentos efectuados pola Sala de Gobierno con data do 24-4-1998 cabe interpoñer recurso ordinario diante o director xeral de Relacións coa Administración de xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, se así o fai, solicítaselle que se envíe a esta Presidencia un exemplar del para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 6 de maio de 1998.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia