Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAXE

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 83, do 14 de abril de 1998, publícanse integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, mediante o sistema de oposición libre, dunha praza de garda da escala executiva do corpo da policía local de Laxe, que se corresponde coa categoría de clase de policía local, da subescala de servicios especiais, da escala de Administración especial, do Real decreto 781/1986, do 18 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria da respectiva praza no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Laxe, 15 de abril de 1998.

Antonio Castro Lema

Alcalde

3635