Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias, LU-183/1997 e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectivo no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións: número 311-152-115/8 Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Lugo, 13 de abril de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptoSanción imposta
InfrinxidoSancionador

LU-183/1997José Manuel Amboage Mesego. DNI: 76.858.773. Avda. Benigno Vigo, 34, A Estrada-PontevedraTransporta-lo día 9 de maio de 1997, no camión matrícula PO-9573-AJ, 67 animais porcinos sen porta-las marcas auriculares de identificación ou tatuaxe e sen a guía de orixe e sanidade pecuaria que amparase o traslado.Artigos 32 do Regulamento da Lei de epizootias, 5 e 7 do Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro, 26.3º da Orde do 23 de agosto de 1995 e 19

do Decreto

2641/1971,

do 13 de agosto.

Artigos 212 e 224 do Regulamento da Lei de epizootias.60.000
LU-207/1997Ana Mª González Cortiñas. DNI: 34.223.586. Erbedelo, 81-3º, Ourense.Transporta-lo día 1 de xullo de 1997, no camión matrícula OR-0622-A, 1 cabeza de gando bovino, e non te-lo vehículo rexistrado para transportar animais e o carné de tratante 47/95/OR sen referendar.Artigos 52, 195, 196 do Regulamento da Lei de epizootias.Artigos 213 e 215 do Regulamento da Lei de epizootias.15.000
LU-215/1997Carlos Cámara Iglesias. Camiño do Val, Astorga-León.Transporta-lo día 5 de xullo de 1997, no vehículo matrícula M-7995-LD, 200 polos e parrulos desde Astorga ata o mercado de Pedrafita-Lugo e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria e non te-lo vehículo rexistrado para transportar animais.Artigos 32 e 52 do Regulamento de epizootias.Artigos 212 y 215 do Regulamento da Lei de epizootias.30.000
LU-309/1997Javier Oruño Arjona. DNI: 39.869.677. Avda. Países Cataláns, 224-5-3. Reus-Tarragona.Transporta-lo día 21 de outubro de 1997, no camión matrícula T-9947-AK, 9.000 polos desde Tarragona ata Lugo, e non te-lo vehículo rexistrado para transportar animais.Artigo 52, do Regulamento de epizootias.Artigo 215 do Regulamento da Lei de epizootias.30.000

3511