Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/340-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Vilaboa-ponte.

Situación: Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV 0,186 km orixe no apoio número 1 e remata no apoio número 3, conductor LA-110/116,2 mm, sobre apoios de chapa. L.M.T. subterránea a 15/20 kV 0,16 km orixe no C.T. Ramallal e remata no apoio número 1 da L.M.T. aérea, conductor R.H.V.-12/20 kV 3x240 Al. L.M.T. subterránea

15/20 kV 0,25 km orixe no apoio número 3 da L.M.T. aérea e remata no C.T. Vilaboa-ponte, conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. L.M.T. 15/20 kV 0,477 km con orixe en C.T. de Pazo de Vilaboa e final en C.T. Acea da Ma conductor R.V. 12/20 kV 3x240 Al. L.M.T. subterráneo a 15/20 0,176 km con orixe en C.T. Pazo de Vilaboa e final en C.T. Horgasa. Conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al. C.T. de 250 kVA 15.000/380-220 V Pazo de Vilaboa. R.B.T. aérea 0,19 km orixe no C.T. Vilaboa-ponte, conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 20 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3789