Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. confraría de Aguiño-Couso.
Situación: Ribeira.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,433 km con orixe en C.T. confraría de Aguiño (expediente 33720) e final na L.M.T. Couso (expediente 13452) en conductor R.H.V. 12/20 kV-3(1x240) mm Al.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 17 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
3776