Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/236-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.-C.T. e R.B.T. Fabas.

Situación: Cambre.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo subterránea a 20 kV de (0,005+0,01) km con orixe na L.M.T. San Marcos (1ª fase) (expediente 27394) e final na L.M.T. subterránea ó C.T.C. de Fabas, en conductor LA-56 e R.H.V.-12/20 kV 3(1x150) mm Al. C.T. prefabricado de 160 kVA 15.000/380-220 voltios

en Fabas. R.B.T. aérea de 1,356 km con orixe en C.T. Fabas, en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 17 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3801