Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 12 de maio de 1998 Páx. 5.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de abril de 1998, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00848-S-97).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos, que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, contra restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucrusal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 8 de abril de 1998.

Juan Girón Astray

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: PO-00848-S-97.

Matrícula: M-9296-JJ.

Denunciante: G.P de tráfico.

Denunciado: Pedro González Cayetano.

Último enderezo coñecido: San Andrés de Comesaña, 2836213 Vigo (Vigo). Pontevedra.

Feito denunciado: circular transportando mercadorías perecedoiras, carecendo do correspondente cer

tificado de autorización para o transporte de mercadorías perecedoiras. Servicio público.

Data, hora: 18-6-1997, 8.27.

Estrada pk:

Precepto infrinxido: artigo 7 do Real decreto 2312/1985, do 24 de setembro, normas de homologación, ensaio e inspección de vehículos destinados ó transporte de mercadorías perecedoiras (BOE número 298, do 13 de decembro).

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 25.000 ptas.

3648